Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Venres, 20 de novembro de 2020 Páx. 45946

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo

EDICTO (329/2019).

Eu, Ana Rodríguez Puga, letrada da Administración de xustiza, por medio do presente edicto, fago saber que no procedemento de divorcio contencioso 329/2019 seguido ante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

«Mondoñedo, 8 de outubro de 2020.

Vistos por min, María Hortensia Bouso Darriba, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 dos de Mondoñedo e o seu partido, os presentes autos de divorcio contencioso, rexistrados entre os da súa clase co número 329/2019, seguidos neste xulgado por instancia de Santiago Montoya Alzate, representado polo procurador dos tribunais Sr. Fernández Expósito e baixo a dirección letrada do Sr. González González, contra Ana Belén Seco Álvarez, en situación de rebeldía procesual, en que son de aplicación os seguintes.

Resolvo.

Que, estimando integramente a demanda formulada por Santiago Montoya Alzate contra Ana Belén Seco Álvarez, en situación de rebeldía procesual, debo acordar e acordo:

1. Declarar disolto por divorcio o matrimonio contraído con data do 7 de xullo de 2010 por Santiago Montoya Alzate e Ana Belén Seco Álvarez, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración, incluídos a disolución da sociedade legal de gananciais.

2. Non procede efectuar especial pronunciamento no relativo á atribución do domicilio conxugal.

3. Non procede pensión compensatoria.

4. Sen especial imposición de custas procesuais.

Así que sexa firme que sexa o pronunciamento de divorcio, comuníquese de oficio ao Rexistro Civil de Ribadeo, onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Modo de impugnación: recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, que se interporá ante este órgano xudicial.

Así, por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, levando o orixinal ao libro de sentenzas do xulgado, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar a dita demandada, Ana Belén Seco Álvarez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Mondoñedo, 29 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza