Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Venres, 20 de novembro de 2020 Páx. 45990

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 19 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura (expediente 2004/532-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles a través desta cédula que se publicará no Boletín Oficial del Estado, ás persoas citadas no anexo, a resolución ditada no procedemento que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro da resolución, emprázanse as persoas interesadas por si ou a través dos seus representantes legais para que no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado comparezan nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, esta cédula publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses e/ou no prazo de dous (2) anos no caso de oposición ás resolucións administracións, desde o día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

Vigo, 19 de outubro de 2020

Mª José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2004/532-36.

DNI: 76905169T.

DNI: 35573286Z.

Acto que se notifica: resolución administrativa do 16 de outubro de 2020.

Efectos xurídicos que produce a resolución: modificación de medida administrativa.