De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados dispoñen do prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñeren recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, Consellería de Emprego e Igualdade, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Advírteselles que, de non interpoñeren recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:
– Sancións notificadas antes do día quince (15) de cada mes, aboaranse antes do vinte (20) do mes seguinte da notificación.
– Sancións notificadas despois do día quince (15) de cada mes, aboaranse antes do cinco (5) do segundo mes seguinte á notificación.
De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
A Coruña, 9 de novembro de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
Disposición transitoria terceira. Decreto 130/2020, do 17 de septiembre, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia
ANEXO
Expediente |
Acta Inf. nº |
Empresa |
NIF |
Concello |
Materia |
Data da resolución |
RL 2020/0175-1 |
I152020000012016 |
Cityhouse Rías Altas, S.L. |
B87305678 |
Oleiros |
Seguridade e saúde |
20.10.2020 |