De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa citada no anexo a resolución ditada no procedemento que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no expediente tramitado nesta xefatura territorial.
Para o coñecemento íntegro da resolución, emprázase a persoa interesada por si ou a través do seu representante legal para que no prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, Vigo, de luns a venres laborables, das 9.00 á 14.00 horas. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.
Advírtese que contra a resolución poderá interporse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición ás resolucións administracións, desde o día seguinte á notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.
Vigo, 20 de outubro de 2020
Mª José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Nº de expediente: 2019/35-36.
DNI: 36162353M.
Acto que se notifica: Resolución administrativa do 3 de xullo de 2020.
Efectos xurídicos que produce a resolución: establecemento de medida administrativa.