Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 19 de novembro de 2020 Páx. 45800

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se acorda a incoación do procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de María Mercedes Caballero Castro.

María Mercedes Caballero Castro, con DNI 35812914M, nada en Vigo o 13 de maio de 1926, faleceu o 1 de maio de 1999 no hospital Meixoeiro de Vigo, constando como o seu derradeiro domicilio, segundo o padrón municipal de habitantes, na rúa Ramón Nieto, nº 107, da mesma cidade, datos que figuran comprobados, xunto co da súa veciñanza civil galega, no informe preliminar do 8 de abril de 2019, do Servizo de Protección e Defensa Patrimonial da Subdirección Xeral do Patrimonio, emitido logo da realización das actuacións previas precisas que levaron a considerar procedente a apertura de procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato da causante, pola presunta ausencia doutros herdeiros con dereito a suceder preferente ao da Administración autonómica, de conformidade co disposto na Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia.

Por Resolución do 9 de abril de 2019, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio (publicada no DOG núm. 84, do 3 de maio e BOE Suplemento de notificacións núm. 109, do 7 de maio), acordouse a incoación do procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato da causante, con código de expediente ABI/2006/0006.

Por Resolución do 21 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio (publicada no DOG núm. 158, do 7 de agosto e BOE Suplemento de notificacións núm. 216, do 11 de agosto), acordouse a caducidade do procedemento por terse excedido o prazo para a súa resolución, sen prexuízo de iniciar novo procedemento incorporando a este os actos e trámites que polo seu contido se manterían igual, de non se ter producido a caducidade.

Segundo o anterior, en exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 4 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, 4 e 7 do Decreto 30/2017, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, e de acordo co artigo 20 bis da Lei 33/2003, de patrimonio das administracións públicas,

ACORDO:

1º. Incoar novo procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de María Mercedes Caballero Castro, incorporando a este procedemento os actos e trámites que se poidan conservar do expediente ABI/2006/0006.

2º. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, Área Temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios do Concello de Vigo, así como no de calquera outro no que durante a instrución do procedemento se detecten bens da persoa causante.

O prazo máximo ordinario para a resolución deste procedemento é dun ano contardo desde a data de adopción deste acordo.

Con anterioridade á resolución do procedemento, calquera interesado poderá presentar alegacións ou aportar documentos ou outros elementos de xuízo que considere oportunos, que se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Subdirección Xeral do Patrimonio, código do expediente ABI/2006/0006-R, Edificio Administrativo San Caetano, bloque nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

Contra esta resolución non se poderá interpoñer recurso, conforme o establecido no artigo 112 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as alegacións de oposición a este acto de trámite sexan consideradas na resolución que poña fin a este procedemento, contra a que se poderá presentar en tempo e forma o correspondente recurso.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2020

Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio