Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 19 de novembro de 2020 Páx. 45798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se acorda a incoación do procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Ramón Pascual Cánovas Martínez.

Ramón Pascual Cánovas Martínez, con DNI 78444297Z, nacido en Sevilla o 2 de setembro de 1921, faleceu o 27 de agosto de 2002 na residencia de maiores das Gándaras, Lugo.

Segundo o padrón municipal de habitantes, consta como o seu derradeiro domicilio o da avenida de Castela, nº 24, de Pedrafita do Cebreiro (Lugo), datos que figuran comprobados, xunto co da súa veciñanza civil galega, no informe preliminar do 31 de maio de 2019, do Servizo de Protección e Defensa Patrimonial da Subdirección Xeral do Patrimonio, emitido logo da realización das actuacións previas precisas que levaron a considerar procedente a apertura de procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato do causante, pola presunta ausencia doutros herdeiros con dereito a suceder preferente ao da Administración autonómica, de conformidade co disposto na Lei 2/2006, de dereito civil de Galicia.

Pola Resolución do 3 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio (publicada no DOG núm. 120, do 26 de xuño, e BOE suplemento de notificacións núm. 156, do 1 de xullo), acordouse a incoación do procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira do causante, con código de expediente ABI/2003/0010.

Pola Resolución do 21 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio (publicada no DOG núm. 158, do 7 de agosto, e BOE suplemento de notificacións núm. 216, do 11 de agosto), acordouse a caducidade do procedemento por terse excedido o prazo para a súa resolución, sen prexuízo de iniciar novo procedemento incorporando a este os actos e trámites que polo seu contido se manterían igual de non se ter producido a caducidade.

Segundo o anterior, en exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 4 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, 4 e 7 do Decreto 30/2017, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, e de acordo co artigo 20 bis da Lei 33/2003, de patrimonio das administracións públicas,

ACORDO:

1º. Incoar novo procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Ramón Pascual Cánovas Martínez, incorporando a este procedemento os actos e trámites que se poidan conservar do expediente ABI/2003/0010.

2º. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, Área Temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios dos concellos de Sevilla e Pedrafita do Cebreiro, así como no de calquera outro en que durante a instrución do procedemento se detecten bens da persoa causante.

O prazo máximo ordinario para a resolución deste procedemento é dun ano contado desde a data de adopción deste acordo.

Con anterioridade á resolución do procedemento, calquera interesado poderá presentar alegacións ou achegar documentos ou outros elementos de xuízo que considere oportunos, que se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Subdirección Xeral do Patrimonio, código expediente ABI/2003/0010-R, Edificio Administrativo San Caetano, bloque nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

Contra esta resolución non se poderá interpoñer recurso, conforme o establecido no artigo 112 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as alegacións de oposición a este acto de trámite sexan consideradas na resolución que poña fin a este procedemento, contra a que se poderá presentar en tempo e forma o correspondente recurso.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2020

Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio