Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 18 de novembro de 2020 Páx. 45492

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 9 de novembro de 2020 pola que se dispón a renovación de vogais no Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

A Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, establece no seu artigo 7 o carácter e a constitución do seu consello de administración. Pola súa parte, o artigo 4, número 1, do Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, de Regulamento do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, determina que a consellería competente en materia de pesca designará catro dos seus vogais, e o número 3 do referido artigo indica que a duración dos seus cargos será de catro anos e que poderán ser reelixidos por períodos iguais.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

A renovación como vogais do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia de:

Susana Rodríguez Carballo

Lino Sexto Bermúdez

Paloma Rueda Crespo

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2020

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar