Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 18 de novembro de 2020 Páx. 45490

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 185/2020, do 16 de novembro, polo que se nomean os membros da Xunta Electoral de Galicia.

O artigo 14, no seu número 1, letras c) e d), da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, modificada pola Lei 15/1992, do 30 de decembro, establece que a Xunta Electoral de Galicia está composta, entre outros, por catro vogais maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e por catro vogais profesores en activo das facultades de Dereito, de Ciencias Políticas ou de Socioloxía das universidades de Galicia.

Unha vez que o presidente do Parlamento de Galicia comunicou os vogais designados en virtude do artigo 14.1.c) e d) da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, e en cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear vogais xudiciais da Xunta Electoral de Galicia os maxistrados do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que a seguir se indican:

Pablo Sande García.

Dolores Rivera Frade.

Rosa Mª Rodríguez Rodríguez.

Antonio Martínez Quintanar.

Artigo 2

Nomear vogais da Xunta Electoral de Galicia os profesores que a seguir se indican:

Xosé Manuel Carril Vázquez.

Ángel Gómez-Iglesias Casal.

Carlos Martínez-Buján Pérez.

Jesús Martínez Girón.

Disposición adicional

De conformidade co establecido nos artigos 14.1.a) e 15.2 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia, a Xunta Electoral de Galicia está composta ademais por un presidente, que será o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e un secretario, o letrado maior do Parlamento de Galicia.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de novembro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente