Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Martes, 17 de novembro de 2020 Páx. 45432

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 117/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 117/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raquel Lojo Prol contra Cervecom Cervecería Santiago, S.L., Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

Providencia da maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2020.

Dada conta, á vista das presentes actuacións e do escrito presentado pola parte executante, a teor do disposto no artigo 240 da Lei reguladora da xurisdición social e de conformidade co artigo 238 do mesmo texto legal, dese copia e acordo:

– Citar de comparecencia as partes comparecidas e a mercantil Marguelatte 517, S.L. fronte á cal se solicita a ampliación da execución, para o próximo día 2.2.21, ás 12.40 horas, na Sala de Audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e facéndolles saber que deben de asistir cos medios de proba de que se intenten valer.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto da resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cervecom Cervecería Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza