Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Martes, 17 de novembro de 2020 Páx. 45433

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 513/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 513/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Consuelo Riveiro González contra Hottelia Externalización y Servicios de Outsourcing España, S.L., Hottelia Externalización, S.L., Ummana Gestión Madrid, S.L. e Imiola Quality, S.L. e INSS, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2020

Recibido o anterior escrito de Jesús Laguna Álvarez, considérase comparecido en nome e representación de Ummana Gestión Madrid, S.L. ao xuntar poder notarial ao seu favor. Únase ás actuacións e considérese comparecido na citada representación, entendéndose con el esta e as sucesivas actuacións na forma e modo establecidos na lei. Segundo o solicitado, suspéndense os actos de conciliación e xuízo sinalados para o día 12 de xaneiro de 2021, ás 13.00 horas, e, fixado un novo sinalamento do acto de xuízo para o día 9 de febreiro de 2021, ás 13.30 horas, na sala 1, planta baixa, do edificio na rúa Berlín, acordo citar as partes baixo os apercibimentos e cos requirimentos adquiridos durante a tramitación do procedemento.

A notificación desta resolución é válida como citación en legal forma ás partes comparecidas.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, ante a letrada da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Para que sirva de notificación e citación en legal forma a Hottelia Externalización y Servicios de Outsourcing España, S.L. e Hottelia Externalización, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios.

Fáiselles saber ás destinatarias que teñen á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza