Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Martes, 17 de novembro de 2020 Páx. 45431

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 889/2017 MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 889/2017 MA por instancia de Yeniska Deyarina Robinson de la Torre contra David Carro Señarís e o Fogasa, sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou Sentenza o 19 de outubro de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Yeniska Deyarina Robinson de la Torre fronte á empresa David Carro Señarís, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa David Carro Señarís a aboar á demandante a cantidade de tres mil trescentos catorce euros con oito céntimos de euro (3.314,08 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa David Carro Señarís, expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza