Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 16 de novembro de 2020 Páx. 45245

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 80/2020).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento despido/cesamentos en xeral 80/2020 deste xulgado do social, seguidos contra a empresa Escudo Comunicaciones y Servicios, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza co número 388/2020 con data do 19.10.2020, contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber, igualmente, que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Escudo Comunicaciones y Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza