Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 16 de novembro de 2020 Páx. 45244

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (386/2018).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que neste xulgado do social se ditou Resolución do 16 de outubro de 2020, dirixida a Evan Mobility, S.A., contra a que se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber igualmente que os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto no devandito órgano xudicial e que as seguintes notificacións se farán fixando copia da resolución no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamentos.

E para que sirva de notificación en forma legal a Evan Mobility, S.A., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza