Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 16 de novembro de 2020 Páx. 45242

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro

EDICTO (168/2017).

Eu, Carlos Neira Pereira, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Viveiro, polo presente edicto, anuncio que no procedemento ordinario número 168/2017, seguido por instancia de Melanie Martíns Correia fronte a Manuel Pereira Gomes, se ditou a sentenza número 22/2019, da cal, de entre outros pronunciamentos, se deberá publicar o seguinte extracto tal e como establece o artigo 497.2 da Lei de axuizamento civil:

«Sentenza.

Maxistrado: Pablo Muñoz Vázquez

Data: 7 de febreiro de 2019

Lugar: Viveiro

Procedemento: xuízo ordinario número 168/2017

Demandante: Melanie Martíns Correia

Procurador: Beatriz Piñón López

Avogado: Francisco Manuel Gómez Rodríguez

Demandado: Manuel Pereira Gomes

Demandado: Ministerio Fiscal

(…)

Resolvo:

Que debo admitir e admito integramente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Beatriz Piñón López, en nome e representación de Melanie Martíns Correia, contra Manuel Pereira Gomes; e por conseguinte

Acordo:

1. A privación da patria potestade de Manuel Pereira Gomes sobre os seus fillos menores Isaac e Milton.

2. A titularidade e o exercicio da patria potestade recaerá en exclusiva sobre Melanie Martíns Correia, nai dos menores.

3. Sen imposición de custas a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Asine esta sentenza, fáganse as anotacións oportunas no Rexistro Civil correspondente e, quedando nas actuacións certificación destas, inclúase a presente no libro de sentenzas.

Esta sentenza non é firme. Contra esta cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, o mando e o asino».

E achándose en paradoiro descoñecido o demandado Manuel Pereira Gomes, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma á parte demandada.

Viveiro, 23 de outubro de 2020

O letrado da Administración de xustiza