Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 16 de novembro de 2020 Páx. 45246

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (914/2018).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 914/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Mutua Galega de Accidentes de Traballo contra a Empresa Construcciones Xornes, S.L., sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva se achega:

Resolvo:

Que estimando a Mutua Ibermutua Gallega contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Construcciones Xornes, S.L., debo condenar e condeno a empresa a que reintegre á Mutua a cantidade de cento once mil douscentos trinta e catro euros e catro céntimos (111.234,04 €), en concepto de indemnización especial a prezo fixado, auxilio por defunción e capital custo da pensión de viuvez derivada do accidente de traballo sufrido o Sr. Eiroa o día 26.10.2000; con responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, na súa consideración de sucesores do antigo Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, o mando e o asino.

Publicación. A anterior resolución, foi lida, e publicada, polo xuíz que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nesta indicados. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Xornes, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 23 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza