Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 16 de novembro de 2020 Páx. 45247

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 466/2020).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 466/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra María Seijo Roel contra Barros Insua, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a sentenza coa seguinte parte dispositiva:

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo Sandra Roel Seijo contra a entidade Barros Insua, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto con data do 3 de xuño de 2020, e condeno a que a entidade Barros Insua, S.L., no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 57,77 € diarios, ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 3.336,22 €.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Sandra Roel Seijo contra a entidade Barros Insua, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Barros Insua, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 847,22 € brutos polos salarios devindicados en xuño de 2020, e compensación económica polas vacacións non desfrutadas, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito para interpoñeren contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as ditas cantidades deberá ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander co número ES55 0049 3569 92 0005001274, e anotar en Concepto os seguintes díxitos: 4757000065 e número de expediente con seis (6) díxitos (catro para o número e dous para o ano) e, se é fisicamente, nunha oficina do Banco Santander na conta 4757000065 e número de expediente con seis (6) díxitos (catro para o número e dous para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións, a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, a recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe, que estaba a celebrar audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Barros Insua, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza