Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 16 de novembro de 2020 Páx. 45250

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (PO 1023/2018).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de María del Mar Ramos Domínguez contra Valdeorras de Pizarra, S.L.; Pizarras Dimaca, S.A.; Pizarras Gallegas, S.A.; Pebosa, S.A.; Cupiga, S.A.; Ferlosa, S.L.; Agrajes, S.L.; Pizarras La Campa, S.L. e Axis Specialty Europe, S.E., en reclamación por ordinario, rexistrado co nº de procedemento ordinario 1023/2018, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Valdeorras de Pizarra, S.L., Pebosa, S.A.; Cupiga, S.A.; Ferlosa, S.L. e Agrajes, S.L., en paradoiro ignorado, co fin de que compareza o día 3.12.2020, ás 12.00 horas, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Así mesmo, acordouse citalo para a súa asistencia ao acto de xuízo, co fin de efectuar, se é o caso, a proba de interrogatorio de parte solicitada pola demandante, con apercibimento de que, de non comparecer e ser admitida a proba proposta, se poderán ter por certos os feitos da demanda en que tiver intervido persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais.

Advírtese as destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Valdeorras de Pizarra, S.L.; Pebosa, S.A.; Cupiga, S.A.; Ferlosa, S.L. e Agrajes, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no DOG.

Lugo, 22 de outubro de 2020

O letrado da Administración de xustiza