Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 16 de novembro de 2020 Páx. 45258

V. Administración de xustiza

Xulgado de Instrución número 3 de Lugo

EDICTO (MHC 36/2018).

No procedemento de modificación de medidas con relación a fillos extramatrimoniais suposto contencioso 36/2018 do Xulgado de Instrución número 3 de Lugo, seguido por Pablo Villar López fronte a Irina Platova, declarada en situación de rebeldía procesual, ditouse sentenza con número 16/2020 co seguinte encabezamento e resolución

«En Lugo o 23 de xullo de 2020.

Sergio Orduña Alonso, maxistrado do Xulgado de Instrución número 3 de Lugo e o seu partido, viu os presentes autos de procedemento número 36/2018 onde foi parte demandante Pablo Villar López, baixo a representación procesual de Jacobo Varela Puga e coa asistencia do letrado Féliz Mondelo Santos, e parte demandada Irina Platova, en situación de rebeldía procesual, despois de ser parte o Ministerio Fiscal,

Decido que estimo parcialmente a demanda interposta pola representación procesual de Pablo Villar López contra a demandada Irina Platova e, en consecuencia, modifícanse as medidas no seu día acordadas na sentenza ditada en data do 31 de xullo de 2017, Sentenza 25/2017, deste órgano xudicial no sentido de atribuír en exclusiva o exercicio da patria potestade do seu fillo menor Alejandro Villar Gritsaev a favor do demandante, proxenitor custodio deste, Pablo Villar López.

E todo iso sen expresa condena en custas.

Contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo no prazo de vinte días desde a súa notificación previa consignación de 50 euros na conta do expediente, de conformidade co ordenado na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgada en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose a demandada, Irina Platova, en situación de rebeldía procesual, de conformidade co disposto nos artigos 156.4, 164 e 497.2 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, polo presente edicto notifícase a Rubén Castro Trigo o contido da sentenza ditada no referido procedemento.

Lugo, 6 de outubro de 2020

Gonzalo Lobato Andrés
Letrado da Administración de xustiza