Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 16 de novembro de 2020 Páx. 45257

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 14 da Coruña

EDICTO (197/2019).

Eu, María Encina Redondo Verdial, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 14 da Coruña, fago saber que neste órgano xudicial se tramita procedemento de xuízo verbal 197/2019, seguido por instancia de María del Rosario Fernández Martínez contra Carlos Augusto Daguiar Cardoso, no cal se ditou Sentenza de data 24 de agosto de 2020, que por medio do presente se notifica a Carlos Augusto Daguiar Cardoso, e infórmase a parte de que a sentenza é firme desde a súa notificación e poderá o notificado ter coñecemento integro dela na oficina xudicial deste xulgado.

No presente edicto inclúense os datos estritamente necesarios para alcanzar o seu fin ordenados pola Instrución 6/2012 da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e á protección de datos.

E para que conste e sirva de notificación da referida sentenza á parte demandada, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 3 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza