Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 16 de novembro de 2020 Páx. 45254

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (111/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 111/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Álvaro Pereira Morales contra Dúrcal Ocio y Comercio, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou auto e dilixencia de ordenación, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2020

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Álvaro Pereira Morales fronte a Dúrcal Ocio y Comercio, S.L., Fogasa, parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 da Lei reguladora da xurisdición social e conforme solicitou na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para a vista do incidente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto da resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2020

Despois de presentar o traballador Álvaro Pereira Morales exixindo o cumprimento polo empresario Dúrcal Ocio y Comercio, S.L., Fogasa, da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución con data do 22.10.2020, de conformidade co artigo 280 da Lei reguladora da xurisdición social, acordo:

– Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que se intenten valer, e fixo o próximo día 11 de decembro de 2020, ás 11.00 horas, para a celebración da comparecencia na Sala de Audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e facéndolles saber que deben de asistir cos medios de proba de que se intenten valer.

De non asistir o traballador ou persoa que lle represente teráselle por desistido na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante celebrarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación da executada Dúrcal Ocio y Comercio, S.L. por medio de edictos, tendo en conta que se atopa en ignorado paradoiro.

– Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto da resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Dúrcal Ocio y Comercio, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza