Expediente-e: IN407A 2020/59-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: alimentación MT. Lugar de Cimadevila-LIDL.
Concello: Boiro.
Feitos:
1. O 18.3.2020, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada. Entregan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende os documentos seguintes:
Proxecto de execución denominado alimentación MT. Lugar de Cimadevila-LIDL, asinado por Pablo López Alonso, enxeñeiro técnico industrial, colexiado nº 3802 da Coruña.
Anexo 1 do proxecto, asinado polo mesmo enxeñeiro técnico industrial.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, de acordo co artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
3. De acordo ao establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación puider afectar bens e dereitos ao seu cargo, contendo as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.
UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separata para os seguintes organismos:
Augas de Galicia. Non consta no expediente, no día de hoxe, contestación do organismo á solicitude de condicionado nin á súa reiteración.
Concello de Boiro. O organismo contesta mediante informe con data do 8.4.2020 a UFD Distribución Electricidad, S.A. a cal expresa a súa conformidade co condicionado do informe mediante escrito con data do 16.4.2020.
Axencia Galega de Infraestruturas. O organismo contesta mediante informe con data do 7.4.2020 a UFD Distribución Electricidad, S.A. a cal expresa a súa conformidade co condicionado do informe mediante escrito con data do 16.4.2020.
Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. O organismo contesta mediante informe con data do 8.5.2020 a UFD Distribución Electricidad, S.A. a cal expresa a súa conformidade co condicionado do informe mediante escrito con data do 20.7.2020.
4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.
Consideracións legais e técnicas:
1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente de acordo co establecido no artigo 66.a) do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, conforme á Disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.
2. A lexislación aplicable a este expediente é:
a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
f) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
3. As características técnicas da instalación son as seguintes:
Instalación dun centro de seccionamento (CS) composto por un bloque de celas de media tensión 3L (con saídas telecontroladas), situado nun edificio subterráneo prefabricado de formigón e situado xunto a un centro de transformación (obxecto doutro proxecto) ao que alimentará o CS, todo iso en parcela propiedade do peticionario con acceso directo desde a beirarrúa pública.
Para alimentar o CS proxéctase unha LMTS con condutores de tipo RHZ1 2 OL-12/20 kV 3x(1x240) mm² Al e lonxitude 26 metros, que discorrerán baixo beirarrúa pública, canalizados en gabia de dimensións 0,40 metros de ancho e 1,60 metros de profundidade, aloxados no interior de senllos tubos de polipropileno de 160 mm. A LMTS terá o seu inicio nos empalmes proxectados na LMTS BOI803, a realizar no punto de acceso á rede existente en beirarrúa, no tramo entre o CT Edificio Touro e o CT Porto do Río, e finalizará no CS proxectado (entrada e saída).
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta jefatura territorial.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en funcionamiento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantizará o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, si as houber, así como das reglamentaciones e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
A Coruña, 23 de outubro de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
Disposición transitoria terceira Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.