Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 13 de novembro de 2020 Páx. 45135

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 5 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto do parque eólico Banzas, nos concellos de Outes, Negreira e Mazaricos (A Coruña) (expediente IN408A 2017/15).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia); na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotor: Green Capital Power, S.L. (B85945475).

Domicilio social: calle Marqués de Villamagna, nº 3-5º, Torre Serrano, 28001 Madrid.

Denominación do proxecto: parque eólico Banzas.

Municipios afectados: Outes, Negreira e Mazaricos.

Potencia que se instalará: 31,185 MW.

Núm. de aeroxeradores que se van instalar: 9×3,465 MW de potencia nominal unitaria.

Produción neta: 103.977 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 39.656.948,88 €.

Localización (área de afección):

Vértice poligonal

Parque eólico Banzas

(Outes, Negreira, Mazaricos)

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

1

506.075,08

4.746.786,49

2

506.075,08

4.752.986,49

3

510.875.08

4.752.986,49

4

510.875,08

4.746.789,49

Aeroxerador

Parque eólico Banzas

(Outes, Negreira, Mazaricos)

ETRS89 H29

Municipios

UTM-X

UTM-Y

BZ 1

508.442,08

4.751.036,49

Negreira

BZ 2

508.607,08

4.750.785,49

Negreira

BZ 3

508.721,08

4.750.473,49

Outes

BZ 4

508.784,60

4.750.118,47

Outes

BZ 5

507.454,08

4.750.657,49

Outes

BZ 6

507.655,08

4.750.446,49

Outes

BZ 7

507.831.08

4.750.126,49

Outes

BZ 8

506.931,00

4.749.804,00

Negreira

BZ 9

507.200,00

4.749.444,00

Mazaricos

Torre meteorolóxica

Parque eólico Banzas

(Outes)

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

1

508.783,00

4.749.756,00

Subestación

Parque eólico Banzas

(Negreira)

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

1

508.068,00

4.750.726,00

Características técnicas das instalacións:

• 9 aeroxeradores de 3,465 MW de potencia unitaria, con velocidade e paso variable, altura ata o buxe de 134 m e un diámetro de rotor de 132 m.

• 9 centros de transformación montados en góndola, de potencia unitaria de 3.900 kVA e relación de transformación de 0,69/30 kV, coas súas correspondentes celas metálicas de seccionamento, manobra e protección.

• Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación transformadora proxectada, composta por 3 circuítos con condutores tipo RHZ1-2OL 18/30 kV de diferentes seccións.

• Subestación, SET Banzas, con transformador de potencia en intemperie, trifásico, en baño de aceite, de potencia 35 MVA ONAN/ONAF, relación de transformación 30/132 kV e distribuída do seguinte modo:

– Parque de 132 kV en intemperie con 4 posicións de liña, 3 de entrada que virán do parque eólico de Maragouto (IN408A 2017/21), do parque eólico Troitomil (IN408A 2017/24) e do parque eólico Alvite (IN408A 2018/32) (obxecto doutros proxectos en fase de tramitación), e 1 de saída e 1 posición de transformador.

– Parque de 30 kV coa seguinte configuración: 1 posición de transformador, 3 posicións de liña para a conexión dos aeroxeradores, 1 para a batería de condensadores e 1 posición de transformador de servizos auxiliares.

– No edificio tamén se situará o centro de control, xunto coas comunicacións, proteccións e un transformador de servizos auxiliares de tipo seco de 250kVA e relación de transformación 30/0,4kV.

• Da subestación sairá unha liña aérea de 132 kV ata a SET Colectora Lousame 132/220 kV. Nesta SET elevarase a tensión a 220 kV para evacuar, a través dunha liña aérea de 220 kV, ata o punto de conexión á rede en SET Lousame 220 kV. Estas instalacións de evacuación conxunta son obxecto de proxecto independente, todas elas en fase inicial de consultas previas ambientais.

• Rede de terras xeral con condutor Cu-50 mm², de modo que as instalacións electromecánicas e o centro de control do parque eólico forman un conxunto equipotencial. Na zona de operación de MT do edificio da subestación, esta rede compleméntase cun tendido adicional a base de Cu-95 mm².

• 1 torre meteorolóxica de medición de 134 metros.

Obxecto da información pública:

• A autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións.

• Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (setembro 2020-visado o 15.10.2020).

1.1. Plano xeral do proxecto do parque eólico de Banzas.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (setembro 2020-asinado o 15.10.2020).

3. O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (setembro 2020-visado o 15.10.2020).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.8 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia), para o coñecemento xeral e para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, nº 2-2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 23), así como nos concellos de Outes, Negreira e Mazaricos (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico-banzas

O estudo de impacto ambiental estará tamén dispoñible, durante o mesmo prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A Coruña, 5 de novembro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

(Disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia).