Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 12 de novembro de 2020 Páx. 44992

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (XVH 890/2019).

María del Carmen Fernández Matas, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, polo presente,

Anuncia:

No presente procedemento seguido por instancia de Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria fronte a Ignorados Ocupantes da r/ Alfolí, 2, 2º D, Ares, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Xulgado de Primeira Instancia número 5

Ferrol

Sentenza: 28/2020

JVH xuízo verbal (desafiuzamento precario) 890/2019

Demandante, Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria

Procurador, Javier Carlos Sánchez García

Avogada, María Jesús Herrero Gómez

Demandados, Ignorados Ocupantes da r/ Alfolí 2, 2º D, Ares

Sentenza.

En Ferrol, 13 de febreiro de 2020.

Vistos por Berta Vidal Gallego, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, os presentes autos de xuízo verbal nº 890/2019, seguidos ante este xulgado, nos que son partes, como demandante Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria, Sociedade Anónima (Sareb, S.A.), representada polo procurador Javier Carlos Sánchez García e asistida da letrada María Jesús Herrero Gómez, e como demandados os ignorados ocupantes do predio sito na rúa Alfolí, nº 2, piso 2º, porta D, Ares (A Coruña), en situación procesual de rebeldía, sobre desafiuzamento por precario, se procede, en nome do Rei, para ditar a presente resolución.

Resolución:

Estimo integramente a demanda formulada polo procurador Sr. Sánchez García, en representación de Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria, Sociedade Anónima (Sareb, S.A.), contra os ignorados ocupantes do predio sito na rúa Alfolí, nº 2, piso 2º, porta D, de Ares (A Coruña), en situación procesual de rebeldía, e, en consecuencia:

1. Declaro proceder o desafiuzamento por precario do predio sito na rúa Alfolí, nº 2, piso 2º, porta D, de Ares (A Coruña).

2. Condeno os demandados a desaloxar o devandito predio, deixándoo libre, vacuo e expedito a disposición da demandante, baixo apercibimento de lanzamento se non procedesen ao seu desaloxo.

3. Condeno os demandados a aboar as custas do presente procedemento.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes, e fágaselles saber que a resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da LO 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición do recurso contra esta resolución exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal de Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, expediente 4797-0000-22-0890-19. O depósito da expresada suma deberá ser acreditado ao interpoñer o recurso, a cuxo escrito se achegará copia do resgardo ou da orde de ingreso, sen cuxo requisito non será admitido a trámite. Están exceptuados da obriga de constituír o depósito os que teñan recoñecido no procedemento o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mando e asino.

A maxistrada».

E encontrándose os devanditos demandados, ignorados ocupantes da r/ Alfolí 2, 2º D, Ares, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ferrol, 13 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza