Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 12 de novembro de 2020 Páx. 44994

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (288/2019).

No procedemento de Exequátor 288/2019 ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Auto nº 248.

Maxistrada xuíza: María del Carmen Salvador Mateos.

Vigo, dezaseis de xuño de dous mil vinte.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O procurador José Vidente Gil Tránchez, actuando en nome de José Lamelas González, presentou con data do 15.3.2019 solicitude de expediente de recoñecemento de resolución estranxeira, sobre divorcio, ditada polo Tribunal Superior de Nova Jersey, División de Familia do Condado de Gloucester.

Seguen antecedentes de feito segundo e terceiro e fundamentos de dereito.

Parte dispositiva.

Acordo:

Considerar a petición de recoñecemento de resolución estranxeira efectuada polo procurador José Vicente Gil Tránchez, actuando en nome e representación de José Lamelas González, fronte a Virxinia Gloria Benítez García, e declarar recoñecida, válida e executable en España a sentenza de divorcio ditada con data do 3.6.1999 polo Tribunal Superior de Nova Jersey, División de Familia do Condado de Gloucester.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela. A maxistrada. A letrada da Administración de xustiza».

E como consecuencia do paradoiro ignorado da demandada Virxinia Gloria Benítez García, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 26 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza