Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 12 de novembro de 2020 Páx. 44990

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2471/2020 PM).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2471/2020 desta sección, seguidos por instancia de Gero Vitalia, S.L. contra a empresa Fogasa, Geriatros, S.A., Catijo Servicios Sociales, S.L., Emma Carcacía Vázquez, Geriavi, S.A.U., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por Gero Vitalia, S.L. contra a sentenza ditada o 5.2.2020 polo Xulgado do Social número 2 de Ourense en autos número 624/2019 contra Catijo Servicios Sociales, S.L. e a demandante Emma Carcacía Vázquez, Geriavi, S.A.U. e Geriatros, S.A. e Fogasa, resolución que se mantén na súa integridade.

En canto a depósito, aseguramento e custas estarase ao razoado.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria dende unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Catijo Servicios Sociales, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente resolución para a súa inserción no Boletín Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza