Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 10 de novembro de 2020 Páx. 44621

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 180/2020 JP).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 180/2020 desta sección, seguido por instancia de Antonio Vázquez López contra a empresa Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L.; Global Sales Solutions Line, S.L.; Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servizos, S.L.; Gestión de Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A. e a Fundación Pública Urgencias Sanitarias de Galicia 061, sobre cesión ilegal, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que, rexeitando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Antonio Vázquez López contra a Sentenza do vinte e nove de xullo do ano dous mil dezanove, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, en proceso tramitado por instancia da parte recorrente fronte a Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L.; Global Sales Solutions Line, S.L.; Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servizos, S.L.; Fundación Pública Urgencias Sanitarias de Galicia-061 e Gestión de Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a que se recorreu.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario na forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en forma legal a Xestión de Servizos de Emerxencia e Atención ao Cidadán, S.A., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza