Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 10 de novembro de 2020 Páx. 44623

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 179/2020 PM).

Tipo e número de recurso: RSU recurso suplicación 179/2020 PM

Xulgado de orixe/autos: PO procedemento ordinario 275/2018 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrente: Juan Carlos Millán Silva

Avogada: María Sol Romero Salgado

Recorridos: Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L., Sitel Ibérica Teleservices, S.A., Global Sales Solutions Line, S.L., Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L., Gestión de Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A. e Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

Avogado: Eduardo Orusco Almazán, letrado da Comunidade

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso suplicación 179/2020 desta sección, seguidos por instancia de Juan Carlos Millán Silva contra a empresa Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L., Sitel Ibérica Teleservices, S.A., Global Sales Solutions Line, S.L., Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L., Gestión de Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A. e Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sobre cesión ilegal, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que con desestimación do recurso interposto por Juan Carlos Millán Silva, confirmamos a Sentenza que con data do 24.7.2019 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L., Gestión de Servicios de Emergencia y Atención al Cidadano, S.A., Global Sales Solutions Line, S.L. e Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data da notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de dezaseis díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto), co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, terá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os dezaseis díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestión de Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza