Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 5 de novembro de 2020 Páx. 44168

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 73/2020).

Eu, Elena Pereira Bernárdez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 73/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Lareo Sánchez contra Limpiezas El Polígono, S.L., Áncora Hispania, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2020.

Parte dispositiva.

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a Mónica Lareo Sánchez con Áncora Hispania, S.L. e condeno a Áncora Hispania, S.L. a aboarlle a Mónica Lareo Sánchez a suma de 10.923,41 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral na data da presente resolución e a suma de 10.763,31 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o ordenado. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L. e Áncora Hispania, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza