Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 5 de novembro de 2020 Páx. 44166

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 73/2020).

Eu, Elena Pereira Bernárdez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 73/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Lareo Sánchez contra Limpiezas El Polígono, S.L., Ancora Hispania, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2020.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da Sentenza número 47/2020 con data do 28.2.2020 ditada no procedemento DSP 634/19 a favor da parte executante, Mónica Lareo Sánchez, fronte a Ancora Hispania, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 24.329,77 euros en concepto de principal (10.923,41 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, 10.763,31 euros en concepto de salarios de tramitación, 2.347,18 euros en concepto de salarios, vacacións e indemnización de falta de preaviso, 83,51 euros en concepto de xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre os conceptos salariais, –que comportan 1.571,21 euros, 12,36 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre os conceptos indemnizatorios, –que comportan 775,97 euros– e 200 euros en concepto de honorarios do letrado), máis outros 2.412,97 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas que poidan derivarse da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: Elena Pereira Bernárdez.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2020.

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Ancora Hispania S.L., dar audiencia previa á parte demandante Mónica Lareo Sánchez e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación desta.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L., Ancora Hispania S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza