Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 5 de novembro de 2020 Páx. 44169

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 182/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 182/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Noemi Pedros Cabaleiro contra Ñampa Santiago, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Acordo:

– Sinalar o día 17.2.2021 ás 10.15 horas, na Secretaría deste xulgado, para a celebración do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar avinza, o día 17.2.2021 ás 10.20 horas, na sala de vistas deste xulgado, para a celebración do acto de xuízo ante a maxistrada.

– Mantense a documental acordada por providencia do 10.6.2019.

– Dada a capacidade das salas de vistas e a necesidade de que cada órgano xudicial ordene o acceso ao público de conformidade co disposto no artigo 20 do Real decreto lei 16/2020, do 28 de abril, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte ao COVID-19 no ámbito da Administración de xustiza, e o Acordo gobernativo do 20.5.2020, co fin de favorecer e facilitar o cumprimento desta medida de prevención e seguridade recoméndase aos profesionais que comuniquen ao xulgado con antelación razoable o número de testemuñas e/ou peritos de que intenten valerse, en caso de que sexa a súa intención propoñelos no acto de xuízo, con indicación dos seus datos de identidade para favorecer o control de acceso e saída por parte do servizo de vixilancia.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ñampa Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza