Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 4 de novembro de 2020 Páx. 43938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se somete a información pública a solicitude de licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica do Concello de Baños de Molgas (Ourense).

O Concello de Baños de Molgas (Ourense) presentou o 19 de xuño de 2020 unha solicitude de licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica.

A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais resolveu con data do 7 de outubro de 2020 acordar a reserva provisional de frecuencia a favor deste municipio, unha vez cumpridos os trámites xurídicos e técnicos necesarios, e segundo a planificación realizada con suxeición ás previsións do Plan Técnico Nacional de Radiodifusión Sonora en Ondas Métricas con Modulación de Frecuencia, aprobado polo Real decreto 964/2006, do 1 de setembro.

Segundo o artigo 26 do Decreto 102/2012, do 29 de marzo, que desenvolve o servizo de comunicación audiovisual radiofónica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, previamente ao outorgamento da licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica por entidades locais, é necesario avaliar se o novo servizo se axusta á misión de servizo público e se altera a competencia no mercado audiovisual, co obxecto de que o resto dos prestadores do servizo de comunicación audiovisual radiofónica, do mesmo ámbito de cobertura, formulen as alegacións que consideren convenientes.

RESOLVO:

Someter ao trámite de información pública por un período de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a solicitude do Concello de Baños de Molgas (Ourense) dunha licenza para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica coas seguintes características.

Concello

Baños de Molgas

FMHz (frecuencia de emisión en megahertzs)

107.6

Lonxitude

007W4018

Latitude

42N1444

Cota (en metros, do centro emisor)

540

HEFX (altura efectiva máxima da antena en metros)

127

PRAH (potencia radiada aparente máxima da compoñente horizontal, en quilowatts)

0,025

PRAV (potencia radiada aparente máxima da compoñente vertical, en quilowatts)

0,025

P (polarización da emisión)

Mixta

D (característica de radiación)

Non directiva

Os prestadores do servizo de comunicación audiovisual do mesmo ámbito de cobertura que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta secretaría xeral, Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días.

Así mesmo e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar a citada solicitude.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2020

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios