Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 4 de novembro de 2020 Páx. 43937

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 324/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 324/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Vanesa Ces Rivas contra Óscar Pérez López, S.L. e Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou resolución da que os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial e cuxos datos se fan constar a continuación:

Resolución: Sentenza estimatoria do 16.10.20.

Recurso e prazo: recurso de suplicación no prazo de 5 días.

Persoa/empresa a quen se notifica: Óscar Pérez López, S.L.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Óscar Pérez López, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza