Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 151/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juana Vilma Chumpitaz Hernández contra Barti Servicios 2009, S. L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte providencia desta data; nos seguintes termos acordouse:
«Dada conta, acordo sinalar data para a continuación do xuízo, unha vez consultada a dispoñibilidade da axenda programada deste xulgado, que queda fixado para o día 27.11.2020, ás 10.00 horas da mañá.
Cítese a Barti Servicios 2009, SL, a través de edictos e sirva esta notificación de citación, téndose por reproducidas as advertencias e prevencións expresadas nas cédulas de citación emitidas no seu día».
E para que sirva de citación en legal forma a Barti, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario que quedan á súa disposición a dita resolución e os autos neste xulgado, así como que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2020
A letrada da Administración de xustiza