Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento DSP 33/2020 deste xulgado do social se ditou resolución da cal os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial e cuxos datos se fan constar a continuación:
Resolución: Sentenza do 13 de outubro de 2020.
Recurso e prazo: recurso de suplicación no prazo de 5 días.
Persoa/empresa a quen se notifica: Brisas do Sar Alimentación e Bebidas, S.L.
Advírtese os destinatarios de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
E para que sirva de notificación en legal forma a Brisas do Sar Alimentación e Bebidas, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente cédula para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado.
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2020
A letrada da Administración de xustiza