Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Mércores, 4 de novembro de 2020 Páx. 43800

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 7 de xullo de 2020 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de Calidade Ambiental e Cambio Climático desta consellería e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na orde publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 198, do mércores 30 de setembro de 2020, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 37721, artigo 3, epígrafe III, onde di:

«III) Comunicación inicio de actividade de planta móbil. (MT201C) A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo III da presente orde; isto é:

• Memoria de medidas protectoras e correctoras do lugar da instalación.

• Certificados de destino dos residuos e/ou información de destino dos produtos.

• Acreditación da representación legal da entidade, no caso de persoas xurídicas e sempre que esa información non fose presentada con anterioridade.».

Debe dicir: «III) Comunicación de inicio de actividade de planta móbil (MT201C). A documentación necesaria para a tramitación deste procedemento é a que se especifica no anexo III da presente orde, isto é:

• Memoria de medidas protectoras e correctoras do lugar da instalación.

• Certificados de destino dos residuos e/ou información de destino dos produtos.

• Documento ambiental, naqueles casos en que o exixa a lexislación vixente en materia de avaliación ambiental.

• Acreditación da representación legal da entidade, no caso de persoas xurídicas e sempre que esa información non fose presentada con anterioridade».

Na páxina 37746, artigo 9, epígrafe XX, onde di:

«XX. Memoria ambiental. Procedemento atribuído á dirección xeral con competencia en materia de avaliación ambiental, a que están obrigadas as entidades locais, no cal, conforme o artigo 19.3 da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, a solicitude deberá resolverse no prazo de tres meses tras a recepción da documentación completa. O sentido do silencio será positivo, tal e como establece o artigo 85.5 parágrafo 3º da derrogada Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, aplicable aos procedementos iniciados antes do 12 de decembro de 2014, segundo a disposición transitoria 1ª da Lei 21/2013, de xeito que, se transcorre o prazo para elaborar a memoria ambiental sen que tivese sido comunicado ao órgano promotor, se entenderá aceptada a proposta de memoria ambiental enviada ao órgano ambiental e se poderá continuar a tramitación do plan.».

Debe dicir: «XX. Memoria ambiental. Procedemento atribuído á dirección xeral con competencia en materia de avaliación ambiental, a que están obrigadas as entidades locais, no cal, conforme o artigo 85.5 da derrogada Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, a súa solicitude deberá resolverse no prazo de dous meses desde a recepción da documentación completa; así mesmo, o sentido do silencio será positivo, tal e como establece o parágrafo 3º do dito artigo, aplicable para os procedementos iniciados antes do 12 de decembro de 2014, segundo a disposición transitoria 1ª da Lei 21/2013, de xeito que se transcorre o prazo para elaborar a memoria ambiental sen que fose comunicado ao órgano promotor, entenderase aceptada a proposta de memoria ambiental enviada ao órgano ambiental e poderase continuar a tramitación do plan».

Na páxina 37752, artigo 9, epígrafe XXXV, onde di:

«XXXV. Inspección ambiental. Procedemento competencia da subdirección xeral que ten atribuída a actividade de control, seguimento e inspección ambiental, pertencente á dirección xeral con competencia en materia de calidade ambiental, non suxeito a resolución e, por tanto, sen prazo para resolver, que se aplica ás instalacións que teñan sido obxecto de inspeccións ambientais realizadas no marco dos plans e programas da Inspección Ambiental de Galicia».

Debe dicir: «XXXV. Inspección ambiental. Procedemento competencia da subdirección xeral que ten atribuída a actividade de control, seguimento e inspección ambiental, pertencente á dirección xeral con competencia en materia de calidade ambiental e, de ser o caso, da xefatura territorial correspondente da consellería competente en materia de ambiente; non suxeito a resolución e, por tanto, sen prazo para resolver, que se aplica ás instalacións que fosen obxecto de inspeccións ambientais realizadas no marco dos plans e programas da Inspección Ambiental de Galicia».