Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 30 de outubro de 2020 Páx. 43413

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (MGT 4/2020).

Eu, Elena Pereira Bernárdez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de modificación substancial de condicións laborais 4/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Plácido Vázquez Varela contra Servicios de Seguridade Integral e Mantenementos A-1, S.L., José Javier Fernández Ramos sobre movilidade xeográfica e funcional, foi ditada resolución cuxa parte dispositiva di:

Acordo: ter por desistido José Plácido Vázquez Varela da súa demanda e, unha vez firme esta resolución, arquivar os autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: poderá interporse recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación (artigo 188.2 da LXS).

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicios de Seguridade Integral e Mantenementos A-1, S.L., José Javier Fernández Ramos, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza