Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 29 de outubro de 2020 Páx. 43092

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 90/2020).

Eu, Elena Pereira Bernárdez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 90/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Xosé Castro Bargo contra Colegio Juniors, Juniors Servicios Integrales, S.L. e outras, Fundación Junior’s Caesga, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é:

Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2020.

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución de sentenza nº 132/2020, do 8 de xullo de 2020, ditada no procedemento DSP 78/2020 a favor da parte executante, Xosé Castro Bargo, contra Colegio Juniors, S.L., Juniors Servicios Integrales, S.L. e outras, e Fundación Junior, parte executada, en forma solidaria, por importe de 29.423,50 euros en concepto de principal (22.338,97 euros en concepto de indemnización, 6.730,49 euros en concepto de salarios, 354,04 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET), sobre a cantidade anterior), máis outros 2.942,35 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da Lei de axuizamento civil (LAC), quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

Contra este auto poderase interpoñer recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puido incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; a compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza.

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: Elena Pereira Bernárdez.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2020.

Parte dispositiva:

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación nesta executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada, Colegio Juniors, S.L., Juniors Servicios Integrales, S.L. e outras, Fundación Junior’s Caesga, S.L. e Fogasa, dar audiencia previa á parte demandante, Xosé Castro Bargo, e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Colegio Juniors, Juniors Servicios Integrales, S.L. e outras, e Fundación Junior’s Caesga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza