Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 29 de outubro de 2020 Páx. 43090

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 210/2019).

Eu, Elena Pereira Bernárdez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 210/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 61 contra Trans Coruña, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución cuxo teor literal é:

Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: Elena Pereira Bernárdez

En Santiago de Compostela o sete de outubro de dous mil vinte.

Transcorrido o prazo conferido á executada sen que lle conste a este órgano xudicial terse cumprido a obriga, procede celebrar a comparecencia prevista no artigo 287.4 LRXS e, consultada para tal efecto pola letrada da Administración de xustiza a axenda de sinalamentos deste órgano xudicial, sinálase o próximo día 15 de decembro de 2020, ás 12.50 horas para a celebración desta, debendo comparecer as partes na Sala de Audiencias número 1 deste Xulgado sito na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela 15707, con todos os medios de proba de que intenten valerse.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación ante a letrada da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Trans Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza