Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 26 de outubro de 2020 Páx. 42581

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 62/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 62/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Amalia Sieira Leis contra Barti Servicios 2009, S.L. e Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Amalia Sieira Leis contra a entidade Barti Servicios 2009, S.L., o seu administrador concursal Filomena Casal Gómez e contra Fogasa, e en consecuencia debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa Barti Servicios 2009, S.L., a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación (calculados a razón de 37,43 €/día) ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da cantidade de 4.323,15 euros en concepto de indemnización.

A devandita opción deberá exercitarse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo, sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Debo condenar e condeno a Filomena Casal Gómez a estar e pasar polas anteriores declaracións e condenas, na súa soa condición de administrador concursal de Barti Servicios 2009, S.L.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non ten lugar á súa condena nesta instancia debendo aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co núm. 1596, clave 65, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social Suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como; no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Barti Servicios 2009, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza