Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 26 de outubro de 2020 Páx. 42583

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 23/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 23/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Torres Jamardo contra a empresa Jesús Lapido Calvo, Rosalía Band, S.L., o Fogasa, Charleston Big Band, S.L., José Manuel Lapido Blanco, Cándido Acosta Rodríguez, José Antonio Figueira Tubío, Francisco Castro Carbia, Digno Pardal Bragaña, Big Band, C.B., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Iria Román Vidarte.

En Santiago de Compostela o vinte e oito de setembro de dous mil vinte.

Antecedentes de feito

Primeiro. Neste Xulgado do Social número 4 tramítase o procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 23/2020 por instancia de Juan Carlos Torres Jamardo fronte a Jesús Lapido Calvo, Rosalía Band, S.L., o Fogasa, Charleston Big Band, S.L., José Manuel Lapido Blanco, Cándido Acosta Rodríguez, José Antonio Figueira Tubío, Francisco Castro Carbia, Digno Pardal Bragaña, Big Band, C.B., nos cales se sinalou data para a celebración de conciliación e, se é o caso, xuízo.

Segundo. O 28.9.2020 o letrado Pablo Antonio Franco Otero presentou escrito por correo electrónico, en nome e representación da parte demandada Rosalía Band, S.L., en que solicitou un novo sinalamento.

Fundamento de dereito

Único. Acreditada debidamente polo letrado Juan Carlos Torres Jamardo a imposibilidade de asistir á conciliación e, se é o caso, xuízo sinalados para o próximo día 30.9.2020, e despois de solicitar un novo sinalamento ou resolución que atenda á situación, admítese e acórdase sinalar nova data para a súa celebración de conformidade co disposto no artigo 183 da LAC, polo que sinalo o próximo día 30.10.2020, ás 12.50 horas, para a celebración desta, e o 30.10.2020, ás 13.00 horas, para a celebración deste.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Parte dispositiva

Acordo:

– A suspensión do acto de conciliación e, se é o caso, xuízo sinalados para o próximo día 30.9.2020, ás 9.50 e 10.00 horas, respectivamente, por considerarse atendible e acreditada a situación que se alega, e sinalar novamente para a súa celebración o próximo 30.10.2020, ás 12.50 e 13.00 horas, respectivamente.

Quedan as partes citadas mediante a notificación da presente resolución e danse por reproducidos os requirimentos e apercibimentos efectuados na primeira citación.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Francisco Castro Carbia, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza