Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 26 de outubro de 2020 Páx. 42579

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (12/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de Basilio Caeiro Castro contra o Fogasa, Estrumática Soluciones Constructivas, S.L., Construcciones y Demoliciones San Martín, S.L., Movialpo, S.L. e Construcciones Ramírez, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 12/2020, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Construcciones y Demoliciones San Martín, S.L. e Movialpo, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 26.11.2020, ás 10.30 e 10.35 horas, na planta baixa, sala 6, edificio dos xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, poñerán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Construcciones y Demoliciones San Martín, S.L. e Movialpo, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 2 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza