Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 26 de outubro de 2020 Páx. 42578

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 102/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 102/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Durán García, José Ramón Campos Reboredo, Julio Maquieira Tato e Eusebio Rial Lores contra a empresa Nexia Infraestructuras, S.L.U. e Realcom Maquinaria, S.L., sobre despedimento, se ditou Sentenza con data do 28.9.2020, impugnable en suplicación no prazo de cinco días, a cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Nexia Infraestructuras, S.L.U. e Realcom Maquinaria, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 1 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza