Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 23 de outubro de 2020 Páx. 42356

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 1160/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1160/2017 por instancia de Carmen Fernández Uzal e outros contra o Grupo Massimo Dutti, S.A. e outros sobre PO, nos cales se pronunciou sentenza no 25 de setembro de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Estimar parcialmente a demanda formulada por María Lucía Fraga Carballeiro, Carmen Fernández Uzal, María del Pilar Díaz Guillín, Flora del Río Penedo, Ana Castro Pombo, María del Carmen Baleato Domínguez, Josefa Varela Velo, Josefa Remuiñán Sánchez, Beatriz Rebón Rama e Estrella Rodríguez Rodríguez, contra as empresas Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, El Corte Inglés, S.A., Marcas Comerciales, S.A. (Pertegaz), Massimo Dutti, S.A., así como os administradores concursais de Shivshi, S.L., de Costura Invisible, S.L., de Confecciones Fraga, S.L., de Deus Creaciones, S.L., de Confecciones Deus, S.L. e de Confecciones Fraga, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Téñense por desistidas as demandantes respecto das empresas El Corte Inglés, S.A., Grupo Massimo Dutti, S.A. e Marcas Comerciales, S.A. (Pertegaz).

– Absólvese a Roberto Bodelo Pichel das pretensións exercidas contra el.

– Condénanse as empresas Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L. a aboaren solidariamente ás demandantes as seguintes cantidades, ás cales se acrecentarán os xuros moratorios do 10 % previstos no artigo 29.3 do ET:

• A María Lucía Fraga Caballero a cantidade de cinco mil novecentos setenta e catro euros cun céntimo de euro (5.974,01 euros).

• A Carmen Fernández Uzal a cantidade de cinco mil cento sesenta e seis euros con setenta e cinco céntimos de euro (5.166,75 euros).

• A María del Pilar Díaz Guillín a cantidade de cinco mil setecentos cincuenta e tres euros con setenta e un céntimos de euro (5.753,71 euros).

• A Flora del Río Penedo a cantidade de tres mil quiñentos doce euros con setenta e catro céntimos de euro (3.512,74 euros).

• A Ana Castro Pombo a cantidade de seis mil catrocentos trinta euros con trece céntimos de euro (6.430,13 euros).

• A María del Carmen Baleato Domínguez a cantidade de mil quiñentos corenta e oito euros con corenta e seis céntimos de euro (1.548,46 euros).

• A Josefa Varela Velo a cantidade de seis mil cento tres euros con trinta céntimos de euro (6.103,30 euros).

• A Josefa Remuiñán Sánchez a cantidade de catro mil cento sesenta euros con dous céntimos de euro (4.160,02 euros).

• A Beatriz Rebón Rama a cantidade de cinco mil trescentos dezasete euros con vinte e un céntimos de euro (5.317,21 euros).

• A Estrela Rodríguez Rodríguez a cantidade de dous mil oitocentos cincuenta e cinco euros con noventa e seis céntimos de euro (2.855,96 euros).

Tales cantidades vinculan os administradores concursais de Shivshi, S.L., de Costura Invisible, S.L., de Confecciones Fraga, S.L., de Deus Creaciones, S.L., de Confecciones Deus, S.L. e de Confecciones Fraga, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número do procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Shivshi, S.L., de Costura Invisible, S.L., de Confecciones Fraga, S.L., de Deus Creaciones, S.L., de Confecciones Deus, S.L. e de Confecciones Fraga, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 1 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza