Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 23 de outubro de 2020 Páx. 42353

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2020 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta entidade.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta entidade

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo vacante que se indica no anexo I desta resolución.

Segundo. Poderá concorrer a ela o persoal laboral (grupo I, categoría 04) e funcionario de carreira da Xunta de Galicia e o persoal laboral fixo do Instituto Galego de Promoción Económica que reúna os requisitos sinalados no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro do Instituto Galego de Promoción Económica (Complexo Administrativo San Lázaro, s/n), nas súas oficinas territoriais, ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), no prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG), segundo o modelo que se inclúe no anexo II. Debido á situación excepcional provocada polo COVID-19 poderase presentar a documentación para participar neste proceso a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no seguinte enderezo web: https://sede.xunta.gal/a-mina-sede/, utilizando o procedemento PR004A.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán unir á petición un currículo e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Quinto. A resolución desta convocatoria farase pública no DOG, e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sexto. O prazo de toma de posesión será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia, ou de vinte (20) días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres (3) días seguintes ao da publicación da resolución no DOG.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.

Sétimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2020

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO I

Código: IN.IGAPE.00.002.4050210.

Consellería: Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Denominación do posto: subdirector/a de Investimento.

Dependencia: Instituto Galego de Promoción Económica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Forma de provisión: libre designación.

Grupo/subgrupo: A1 / I-04.

Retribución anual: 53.668,75 €.

Tipo de adscrición: persoal funcionario e persoal laboral da Xunta de Galicia/persoal laboral fixo do Igape.

missing image file