Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 23 de outubro de 2020 Páx. 42359

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 1134/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza del Xulgado de lo Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1134/2017 por instancia de Ana Isabel Mosquera Dono e outras contra Confecciones Deus, S.L. e outras sobre PO, nos cales foi pronunciada sentenza no 25 de setembro de 2020 que, copiada nos particulares, necesarios di así:

«Decido:

Estimar a demanda formulada por María José Vieites Álvarez, Rosa Rosende Becerra, María Isabel Pena Martínez, María José Muiño Louro, Ana Isabel Mosquera Dono, Beatriz Mato Vigo, Patricia Mata Vieites, María Isabel López Gómez, Elena Liste del Río e María José Fuentes Martínez contra as empresas Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, El Corte Inglés, S.A., Marcas Comerciales, S.A. (Pertegaz), Massimo Dutti, S.A. e administradores concursais de Shivshi, S.L., de Costura Invisible, S.L., de Confecciones Fraga, S.L., de Deus Creaciones, S.L., de Confecciones Deus, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Téñense por desistidas as demandantes respecto das empresas El Corte Inglés, S.A., Grupo Massimo Dutti, S.A. e Marcas Comerciales, S.A. (Pertegaz).

– Absólvese Roberto Bodelo Pichel das pretensións exercidas contra el.

– Condénanse as empresas Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Rogelio Bodelo Pichel, El Corte Inglés, S.A., Marcas Comerciales, S.A. (Pertegaz), Massimo Dutti, S.A., a aboaren solidariamente ás demandantes as seguintes cantidades, ás cales se acrecentarán os xuros moratorios do 10% previstos no artigo 29.3 do ET:

• A María José Vieites Álvarez, a cantidade de seis mil cento dezaoito euros con noventa e catro céntimos de euro (6.118,94 euros).

• A Rosa Rosende Becerra, a cantidade de seis mil sete euros con vinte céntimos de euro (6.007,20 euros).

• A María Isabel Pena Martínez, a cantidade de cinco mil trescentos oitenta e tres euros con setenta e dous céntimos de euro (5.383,72 euros).

• A María José Muíño Louro, a cantidade de catro mil novecentos trinta e sete euros con nove céntimos de euro (4.937,09 euros).

• A Ana Isabel Mosquera Dono, a cantidade de tres mil catrocentos oitenta e cinco euros con dez céntimos de euro (3.485,10 euros).

• A Beatriz Mato Vigo, a cantidade de seis mil cento dezaoito euros con noventa e catro céntimos de euro (6.118,94 euros).

• A Patricia Mata Vieites, a cantidade de catro mil oitocentos trinta e oito euros con dezanove céntimos de euro (4.838,19 euros).

• A María Isabel López Gómez, a cantidade de seis mil novecentos vinte e catro euros con noventa e nove céntimos de euro (6.924,99 euros).

• A Elena Liste del Río, a cantidade de seis mil catrocentos trinta euros con trece céntimos de euro (6.430,13 euros).

• A María José Fuentes Martínez, a cantidade de dous mil seiscentos oitenta e sete euros con cincuenta céntimos de euro (2.687,50 euros).

Tales cantidades vinculan os administradores concursais de Shivshi, S.L., de Costura Invisible, S.L., de Confecciones Fraga, S.L., de Deus Creaciones, S.L., de Confecciones Deus, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número do procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Confecciones Deus S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 1 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza