Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 23 de outubro de 2020 Páx. 42362

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 936/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 936/2016 por instancia de Christian Alexis Mancebo Sande contra Hornos Sandepan, S.L. sobre procedemento ordinario, nos que recaeu sentenza con data do 21 de setembro de 2020 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolvo

Estímase a demanda formulada por Christian Alexis Mancebo Sande fronte á empresa Hornos Sandepan, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase á empresa Hornos Sandepan, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de oitocentos setenta e un euros con nove céntimos de euro (871,09 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndoos saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Hornos Sandepan, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 1 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza