Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 23 de outubro de 2020 Páx. 42364

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (187/2020-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 187/2020 por instancia de Ángel Barcon Monterroso contra Go Sushi Coruña, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu Sentenza do 22 de setembro de 2020 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolvo.

Estímase a demanda formulada por Ángel Barcon Monterroso fronte á empresa Go Sushi Coruña, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Go Sushi Coruña, S.L. ao traballador.

– Condénase á empresa Go Sushi Coruña, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 1.841,68 euros, determinado o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 25,91 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Go Sushi Coruña, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 1 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza