Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 23 de outubro de 2020 Páx. 42366

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de decreto (DSP 193/2020).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber aque no procedemento despido/cesamentos en xeral 193/2020 deste xulgado do social, se ditou con data do 13.8.2020 decreto, podendo interpoñer o oportuno recurso de revisión no prazo de 3 días, facéndolle saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro das devanditas resolucións na secretaría deste órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo IG, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza