Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 23 de outubro de 2020 Páx. 42304

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2020 pola que se dá publicidade ao encargo á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP (Tragsa), como medio propio personificado, a realización de obras complementarias ás encargadas pola Resolución do 14 de decembro de 2018 da Axencia Galega de Innovación respecto das obras de acondicionamento e urbanización da ampliación do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) en Lugo.

De conformidade co previsto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e no artigo 8 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade do seguinte encargo coas seguintes características:

• Resolución do 18 de agosto de 2020, da Axencia Galega de Innovación (Gain) pola que se encarga a Tragsa (Empresa de Transformación Agraria, S.A., SME, MP) a realización das obras complementarias ás encargadas pola Resolución do 14.12.2018 da Axencia Galega de Innovación respecto das obras de acondicionamento e urbanización da ampliación do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) en Lugo.

• Actividade: Tragsa asumirá a realización das obras complementarias ás previstas na Resolución do 14.12.2018 con suxeición aos termos e condicións que se derivan da Resolución do 18.8.2020.

• Natureza e alcance da xestión encomendada: o encargo ten natureza de encargo a medio propio, de acordo co disposto nos artigos 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e no artigo 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.

Tal condición de medio propio está recollida na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, a cal establece que Tragsa e a súa filial Tragsatec terán a consideración de medios propios personificados e servizos técnicos da Administración sempre que se cumpran os requisitos establecidos no punto 2º da letra d) do número 2 do artigo 32, e nas letras a) e b) do número 4 do mesmo artigo, e virán obrigadas a realizar, con carácter exclusivo, os traballos que estes lles encomenden nas materias sinaladas nos números 4 e 5, dando unha especial prioridade a aqueles que sexan urxentes ou que se ordenen como consecuencia das situacións de emerxencia que se declaren.

A empresa pública Tragsa encargarase de realizar as seguintes tarefas:

1. Executar os traballos derivados desta encarga a medio propio previstos na Resolución do 18.8.2020 cos medios persoais e materiais que considere necesarios, sen prexuízo das funcións que corresponden ao director facultativo da encarga para o bo fin desta.

O eventual recurso á subcontratación non poderá supor a execución dunha parte relevante do obxecto que se encarga.

2. Executar os traballos derivados desta encarga con suxeición ás condicións técnicas indicadas e ás tarefas descritas achegando os medios que resulten necesarios.

O persoal necesario para a execución da encarga dependerá exclusivamente de Tragsa, o cal terá todos os dereitos e deberes inherentes á súa condición de empregador respecto deste.

• Financiamento: o orzamento de execución é de 226.146,61 € (non aplica IVE), con cargo á aplicación orzamentaria 09.A3.561A.622.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

Para todos os efectos, entenderase que o orzamento aprobado por Gain en canto Administración pública poder adxudicador, comprende todos os gastos directos e indirectos que a empresa deba realizar para a normal execución dos traballos encargados.

• Prazo de vixencia: seis meses, contado desde o día de sinatura da acta de replanteo.

A empresa Tragsa está obrigada ao cumprimento do prazo fixado para a encarga. Poderán ser acordadas prórrogas do prazo de execución que sexan necesarias sempre e cando estean xustificadas as causas do atraso e sen que supoñan en ningún caso incremento do importe total da encarga.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2020

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación