Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 23 de outubro de 2020 Páx. 42302

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 22 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2020, de concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (código de procedemento PE155C).

Advertido erro na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 159, do 10 de agosto de 2020, é necesario efectuar a seguinte rectificación:

Na páxina 31686, punto 3, do artigo 8, onde di:

«3. Os gastos, para ter a consideración de subvencionables, deberán terse realizado e deberán ter as correspondentes facturas emitidas durante o período de execución do PPEC aprobado. O inicio deste período de execución será o 1 de xaneiro da anualidade correspondente ou a data de sinatura da resolución pola que se aproba ou modifica o PPEC no caso de que sexa posterior. O fin deste período de execución será o 31 de decembro da anualidade correspondente ou a data da inspección/acta que certifica a fin de obra no caso de que sexa anterior. Quedan exceptuados de ter que realizarse durante o período de execución antes sinalado os gastos do informe de auditor, así como os gastos efectuados pola preparación do PPEC e o informe anual, que terán a consideración de subvencionables aínda que se realicen fóra do dito período de execución».

Debe dicir:

«3. Os gastos, para ter a consideración de subvencionables, deberán terse realizado e deberán ter as correspondentes facturas emitidas durante o período de execución do PPEC aprobado. O inicio deste período de execución será o 1 de xaneiro da anualidade correspondente ou a data de sinatura da resolución pola que se aproba ou modifica o PPEC no caso de que sexa posterior. A fin deste período de execución será o 31 de decembro da anualidade correspondente ou a data da inspección/acta que certifica a fin de obra no caso de que sexa anterior. Quedan exceptuados de ter que realizarse durante o período de execución antes sinalado os gastos do informe de auditor, así como os gastos efectuados pola preparación do PPEC, o informe anual e aqueles gastos que proveñan de anualidades anteriores que non fosen rematados na dita anualidade e que así estea informado no seu expediente e que estean aprobados no informe anual, que terán a consideración de subvencionables aínda que se realicen fóra do dito período de execución».

A publicación da presente corrección de erros non modifica o prazo de presentación de solicitudes sinalado no artigo 14 da citada Orde do 22 de xullo de 2020.